Agricultura muisca

A sabana de Bogotá, localización dos campos agrícolas dos muiscas.
O millo era o produto agrícola principal dos muiscas.
Os aguacates eran intercambiados cos pobos veciños indíxenas que habitaban nas áreas de altitude máis baixas.

A agricultura muisca describe a agricultura desenvolvida polos muiscas, a civilización indíxena que habitaba no Altiplano Cundiboyacense de Colombia antes da conquista española. Os muiscas eran unha sociedade predominantemente agrícola con campos de cultivo de pequena escala, parte de terreos máis extensos. Para diversificar a súa dieta, comerciaban con mantos, ouro, esmeraldas e sal en troques de froitas, vexetais, coca, yopo e algodón cultivado en terras baixas e máis quentes poboadas polos seus veciños, como os muzos, panches, guanes, guayupes, laches, sutagaos e u'wa. O comercio de produtos de cultivo chegaba até os calimas, os pijaos e os caribes da costa arredor da Serra Nevada de Santa Marta.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search